5/12/07

XA NA RÚA A HOMENAXE AOS DIPLÓMATICOS

Vai xa para dezaséis anos que Os Diplomáticos de Monte Alto botaban enriba da mesa unha boa arroutada. Méritos sobráronlles para entrar a formar parte do olimpo da música galega: polo seu son único e senlleiro, un rock alegre a golpe de acordeón, por liderar unha revolución social e artística que deu en chamarse bravú. Pero, sobre todo, por poñer en pé aos cen mil gaiteiros que agochaba esta terra…
A iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu conseguíu arrincar 20 petiscos da música galega actual para esta homenaxe: dende os míticos Rastreros de Chantada, que volveron ao torreiro para este tributo, até os Festicultores, Lamatumbá ou Os Tres Trebóns, a actual banda de Xurxo Souto, voz nos Diplomáticos. No dobre disco 120 Capadores atopamos a particular versión do Gaiteiro de Dixebra, o Castiburón dos Cuchufellos, Esta noite hei de ir aló d’O sonoro maxín e até o Subastado da Banda Potemkin, aínda que tamén as particulares revisións de Galegoz ou Safari Orquestra. Porén, o disco inclúe catro temas inéditos dos Diplomáticos ao vivo.


A sexta-feira, 7 de Decembro,Celébrase en Compostela o ‘Concerto pola Liberdade’ da Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!.
Este concerto solidário vai contar coa presenza de voces significadas do panorama cultural galego, como Ugia Pedreira ou Marcos Payno, e grupos máis novos como Som do Galpom, Ataque Escampe, e Os de Quistiláns. Ademais, García de Dios Ke Te Crew e O Leo i Arremecághona van interpretar o seu espectáculo ‘Labregos do Tempo dos Sputniks’. Apresentan o espectáculo Clara Gayo e Chiqui Pereira.




O Sábado día 8 de Decembro, A Compañía do Ruido celebra un concerto na rúa en Boiro para grabar o CD/DVD do que será o seu último, que non derradeiro, traballo.

A festa-concerto comezará a partir das 21:00hs., a entrada é de balde e haberá carpa e autobús gratuito entre Riveira, Palmeira, Pobra e Boiro entre as 20:00hs. e 24:00hs., e de volta entre as 2:00hs. e as 4:00hs.

Xá sabedes, hai que ir alá... A todo Punkchi!!!

21/10/07

Outubro 2008 (Novas de interese)

>>O novo álbum de Mike Oldfield retrásase a 2008 por motivos de preñez.
"Parece ser que segundo unha fonte de información da Universal Music Italy o lanzamento do novo album foi posposto ata 2008, en Febreiro, porque a muller de Mike está preñada e o nino debería nacer en Nadal, polo tanto Mike non desexa dedicarse ó lanzamento do disco. Tendo en conta a importacia do lanzamento, Universal decidiu retrasalo".

>>Loreena McKennitt segue a erguer paixóns co seu novo disco ‘An Ancient Mouse’
Despois de nove anos e máis de 13 millóns de discos vendidos en todo o mundo a artista canadiense segue a triunfar co seu novo álbum no que se inspira na Musa do Tempo, que nos conduce coa súa música dende o Homero de Grecia ata a Inglaterra das Cruzadas.
Neste traballo, o séptimo na súa carreira musical, inclúe tres temas grabados en directo durante os tres concertos celebrados na Alhambra de Granada en Setembro de 2006. Sons celtas, melodías escocesas e baladas irlandesas con música tradicional grega, turca, árabe e escandinava son a esencia deste dobre CD.

>>Lamatumbá, novo disco.
Lamatumbá, un dos grupos mais emerxentes do actual panorama musical galego, é a nova fichaxe de PAI-Música.
Nestas derradeiras semanas, o grupo estivo nos estudios Casa de Tolos de Gondomar preparando a postprodución do
que será o seu primeiro traballo discográfico con PAI. O novo disco de Lamatumbá gravarase a partires de Novembro.


13/9/07


O IVº Festival Meigas Fora (Poulo 2007), celébrase en Ordes, son dous dias:

O Venres 21 de Setembro (21:00hs.) estarán Zënzar, Fade Records, Black Bum, Delahoja, Esterko e C'mon Baby Destroy.

O Sábado 22 de Setembro haberá xogos populares, baile tradicional e grafiti pola tarde, e pola noite os grupos Axouxere, Banda Potemkin, Fanta Rei, Os Sosios e Fade Records.

Haberá carpa e a acampada e a queimada será gratuita.

11/7/07

REMATOU O GRAN FESTIVAL E COMEZAN OUTROS E OUTRAS ROMARÍAS POLA XEOGRAFÍA DO PAÍS.

CARTEL DO FESTIVAL DE PARDIÑAS
Sábado, día 4,
- ás 16 horas:
a) Apertura das exposicións de Pintura, Escultura, Fotografía, Ceramica na CASA DAS ARTES DE PARDIÑAS.
b) Comezo da Mostra do XXVIII Certame de Debuxo Infantil.
c) Fallo dos Premios Guitiriz de Escultura e Fotofgrafía.
d) Apertura da XXVIII MOSTRA DE ARTESANIA.

- 17,00 horas Apertura da XIV MOSTRA DE ARTESANOS DE INSTRUMENTOS DE MUSICA TRADICIONAL

- 18 horas: Pregón desta Mostra a cargo dun investigador da música tradicional

- 19 horas: 1º Concerto de Música Tradicional
no palco deste espazo. No que actuan ademais grupos espontaneos, pois varios dos artesanos son tamén intérpretes dos seus instrumentos, nun escenario montado para este fin neste eido de Pardiñas. É un dos eixes deste Festival, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Nun recinto cuberto de stands, hai unha mostra de gaitas, percusión, zanfoña, guitarras, etc.Dende esta hora e nos dous días do festival, hai sesións didácticas sobre temas musicais, así: Seminarios e obradoiros sobre danza tradicional, historia de instrumentos, afinación da palleta, etc.

- 21.00-04.00 horas 1º Festival no Escenario Estrella Galicia do certame, coa actuación dos grupos:

GHAITA DEPEDRA (Galiza)
CEMPES (GALIZA)
KORRONTZI (EUSKADI)
OS TRES TREBÓNS (GALIZA)

Domingo, día 5:
- 11.00 horas: Apertura da Feira de Libros de Xermolos.

-Apertura das Exposicións de XXVIII Mostra de Artesanía, de artes plásticas, ceramica, fotografía na Casa das Artes, de XIV Mostra de Artesanos de Instrumentos...

- 11.30-13,30: Escenario libre para músicos espontáneos na Mostra de Artesanos de Instrumentos de Musica Tradicional.

- 12.00: Seminario de Baile Tradicional. Seminario de Xogos Sonoros

- 13.30: Concerto da Coral de Xermolos na Igrexa de Santo Domingo.

- 16-21 horas: Concertos no escenario libre de músicos espontáneos.

- 18.00: Pregón de Xosé Estevez, profesor de Deusto e historiador, no Escenario Estrella Galicia

- 18.30: Entrega de lotes de libros, coma premios do XXVIII Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil a cargo dos escritores e creadores

- 19.00: Concerto de música tradicional dentro da XIII Mostra de Artesanos.

- 20.00-22.00 horas: Escenario libre de músicos espontáneos.

- 22.00- 03.00: 2º Festival de música de Pardiñas no Estrella Galicia do Certame. Actuarán:

DAZKARIEH (PORTUGAL),
XUACO AMIEVA (ASTURIAS),
ELZEF (FRANCIA).

25/6/07

Xullo 2007


O MUNDO CELTA ACHÉGASE ÓS NOSOS MARES
O alento céltico do norte percíbese no arrecendo cultural da festa. Ortigueira convertirase un ano máis en pobo cosmopolita onde centos de milleiros de persoas vivirán nun mundo máxico durante cinco días de paz e música.


Gran noite de Sábado cos grupos Sud ar su de Bretaña, os polacos Kroke, Kepa Junkera de Esukadi e Daniel Bellón e Diego Maceiras como detonador final.

Kroke (Polonia)

Desgraciadamente todo o bon se acaba pero non ten por que ser en baixa forma. Dervish dende Irlanda, Milladoiro e Mercedes Peón.





Ortigueira 2006

12/6/07

Xuño 2007 II

O diario británico The Mail on Sunday confirma datos coñecidos sobre o novo traballo discográfico de Mike Oldfield e avanza o mes de lanzamento do disco inspirado no Halloween ancestral.Ese parágrafo do períodico The Mail on Sunday sobre o novo disco di que Oldfield está agora traballando na súa primeira grabación clásica, para coro e orquestra, preparando o lanzamento en Universal en Outubro. Usando música e letras asociadas co antigo festival de Halloween, unha música poderosa e emocional.

Un traballo de corte clásico, posiblemente en tres partes, composto para orquestra e guitarra clásica, inspirado no Halloween primitivo, coa axuda na orquestración de Kart Jenkins, editado no selo Universal Classics e que ten gañas de presentar en directo, tocando en capitais europeas a finais do ano.

3/6/07

Xuño 2007




Imos indo, imos indo. O fenómeno da cultura pangalaica arrabuña a súa existencia sonora.


Neste mes de Xúño maniféstase o barrista pola canle galega, con estrelas da nosa historia que lle agradecen a existencia ó músico ferrolá. O músico que está de 60 aniversario do seu nacemento viaxa nas almas das musas ó país belga, (no corazón dos seus amigos volverá coa súa música a Bruselas).

Novos discos de Fía Na Roca "Vente vindo", Mercedes Peón "Sihá" e Milladoiro "unha estrela por guía".


Imos indo, imos indo...

11/5/07

Maio 2007







Maio, maio, entra de crego, non revolva-lo tempo...



Chegou pra irse, agardando o cucú africano do paxaro macabro.



Chove, quenta o sol. "Máis vale sudar que estornudar" pois "en Maio ainda a vella quenta o caldo".



Cantenme coplas, vendanme ilusións, protestemos con humor que para logo votaremos con furor.





11/4/07

O Sea Diamond está enaugado

Foto do Sea Diamond a vista de paxaro.


Pensar que estiven nel ainda non hai un ano. É curiosa a sensación de non poder voltar. De que marche algo que nunca máis se poderá ver, tocar, pisar. O home faise a sí mesmo polas súas vivencias, polo rastro que deixa no seu ronsel de experiencias. É ben curioso.














Maniobra de simulacro
previa á saida do cruceiro
















...




...


...
O Sea Diamond afundindo hai uns días frente a costa de Santorini en Grecia.







Mes de Marzo




Xurdiu o vello de entre o lume oscurecido para virnos contar como andaban as tebras no monte. "Dispersas".
Contan as persoas por milleiros e as pelexas dos seres por pares. Benestar discutible pero mellor non entremos en debate.
É triste verse así no puto mundo que creamos. Ninguén mira de estirar os corazóns un minúsculo centímetro.
Todo é paixón alcohólica da discusión individualizada. Morramos asesinándonos pasivamente. Que o tempo continue.

Na lagoa inhumana os paxaros sobreviven o tempo que lles permitimos respirar. Na lagoa ainda hai auga, por agora.