18/5/10

"Ruxe Ruxe" ruxindo nun no disco para memorizar

NA FURA DE DIANTE que así se chama o novo traballo fai un parétese para facer memoria.

21/4/10

Kosmogonías de Berrogüetto entra con boa perna

Kosmogonías, que está á venda desde o pasado 6 de abril, entrou na súa primeira semana na lista AFYVE dos 100 discos máis vendidos.

O vindeiro 25 de Abril presentará o disco nun concerto en Madrid.

23/11/09

YANN TIERSEN en Santiago

O compositor e intérprete Yann Tiersen actuou esta fin de semana no Multiusos do Sar deixando evidente o seu novo punto de inflexión nunha xira electrónica onde se percibe a música do bretón en timbre sintético. Destacable o papel do teloneiro e membro Matt Elliot ou a intérprete de Ondas Martenot Christine Ott. Un xenio que fuxe do comercial. Está por enriba do convencional.


27/2/09

NOVO DISCO DO PORRIÑÉS


Pancho Álvarez ven de presentar o seu terceiro disco "Sólidos Galicianos" (como as moedas acuñadas no antigo Reino de Galiza). Rítmicas tradicionais nun atmósfera compositiva profesional.

20/1/09

CONCERTO E CD/DVD NO COLÓN DA CORUÑA


Xa están esgotadas todas as entradas para o concerto do Venres 23 no teatro Colón da Coruña e por elo decidiuse celebrar un segundo concerto o Xoves 22.

Espectáculo no que participan os artistas Luz Casal, Diana Navarro e Ismael Serrano, convidados para este concerto e gravación do CD/DVD "Ao Vivo", que sairá á venda o próximo mes de Marzo. Tamén se gravará un corte para Ismael Serrano.


24 anos que serán inmortalizados na perpetua sonora dos díxitos musicais.

14/1/09

ATAQUE ESCAMPE REINVÉNTASE


O Dr. Painkiller AKA Marcos Payno (Galegoz, Glamour Grotesque, Xenreira...) convirte cinco temas do último disco de Ataque Escampe "Galicia es una mierda" nova sonoridade electrónica do grupo. O prisma sonoro espande a música en todas as súas cores estilísticas.
Xa se pode descargar de balde en www.aregueifa.net