5/12/07

XA NA RÚA A HOMENAXE AOS DIPLÓMATICOS

Vai xa para dezaséis anos que Os Diplomáticos de Monte Alto botaban enriba da mesa unha boa arroutada. Méritos sobráronlles para entrar a formar parte do olimpo da música galega: polo seu son único e senlleiro, un rock alegre a golpe de acordeón, por liderar unha revolución social e artística que deu en chamarse bravú. Pero, sobre todo, por poñer en pé aos cen mil gaiteiros que agochaba esta terra…
A iniciativa de Komunikando.net e do Centro Social Atreu conseguíu arrincar 20 petiscos da música galega actual para esta homenaxe: dende os míticos Rastreros de Chantada, que volveron ao torreiro para este tributo, até os Festicultores, Lamatumbá ou Os Tres Trebóns, a actual banda de Xurxo Souto, voz nos Diplomáticos. No dobre disco 120 Capadores atopamos a particular versión do Gaiteiro de Dixebra, o Castiburón dos Cuchufellos, Esta noite hei de ir aló d’O sonoro maxín e até o Subastado da Banda Potemkin, aínda que tamén as particulares revisións de Galegoz ou Safari Orquestra. Porén, o disco inclúe catro temas inéditos dos Diplomáticos ao vivo.


A sexta-feira, 7 de Decembro,Celébrase en Compostela o ‘Concerto pola Liberdade’ da Plataforma Cidadá Que Volten a Casa!.
Este concerto solidário vai contar coa presenza de voces significadas do panorama cultural galego, como Ugia Pedreira ou Marcos Payno, e grupos máis novos como Som do Galpom, Ataque Escampe, e Os de Quistiláns. Ademais, García de Dios Ke Te Crew e O Leo i Arremecághona van interpretar o seu espectáculo ‘Labregos do Tempo dos Sputniks’. Apresentan o espectáculo Clara Gayo e Chiqui Pereira.




O Sábado día 8 de Decembro, A Compañía do Ruido celebra un concerto na rúa en Boiro para grabar o CD/DVD do que será o seu último, que non derradeiro, traballo.

A festa-concerto comezará a partir das 21:00hs., a entrada é de balde e haberá carpa e autobús gratuito entre Riveira, Palmeira, Pobra e Boiro entre as 20:00hs. e 24:00hs., e de volta entre as 2:00hs. e as 4:00hs.

Xá sabedes, hai que ir alá... A todo Punkchi!!!